viernes, 19 de julio de 2013

O alumbramento de Drolma


A fin de semana do 9, 10, 11 de Agosto terás a oportunidade de compartir un evento cheo de luz, no Centro Equal (Coles-Ourense)

O ALUMBRAMENTO DE DROLMA
 
Unha fin de semana na que enxendrar, nutrir e sorrir á vitalidade da Creación construíndo espazos interiores de escoita e comprensión…

Un mini-retiro para re-conectarte e re-encontrarte viaxando a través das paisaxes da alma

Kundalini Ioga, Shiatsu, Meditación, Movemento consciente, sanación, equilibrio, enerxía, música, celebración do Lughnasad…

Unha convivencia participada e consciente no medio da Natureza a través da cal superar obstáculos, acceder ás fontes de nacemento da cordialidade, o auto-coñecemento, a compaixón...

Favorecendo o crecemento global e consciente a través do corpo, a percepción e a respiración cara á armonía individual e colectiva...

Na procura da integración do individuo co Todo, na unión do Ceo e a Terra,
ven compartir con nós 

O ALUMBRAMENTO DE DROLMA

Ben-Vida, Ben-Vido
_______________________________________________________
FACILITA ESTE ENCONTRO: DROLMA
9, 10, 11 de Agosto 2013
Centro Equal (A Barra, s/n; Coles-Ourense)

Prezo: 99€ (inclúe a entrada ao concerto)
Inclúe: aloxamento en pensión completa e todas as actividades

Reserva: ingreso de 50€ antes do 5 de Agosto (prezo despois de esa data: 130€)
As plazas son limitadas e resevaranse a medida que se fagan os ingresos.

Cómo chegar:
Ctra de Ourense - Santiago (N-525), dirección A Peroxa, a 10 kms. de Ourense.
Señalización en Vilarchao como Centro de Educación Ambiental
(máis info na web do centro www.centroequal.com)

_______________________________________________________

- Compartiremos alimentación vexetariana, de agricultura ecolóxica e de Comercio Xusto

- Actividades:
Kundalini Yoga
Meditacións dinámicas
Automasaxe shiatsu
Movemento consciente
Conexión e equilibrio coa enerxía chamánica
Información sobre o consumo e a alimentación consciente.

- Ademais disfrutaremos cun concerto de instrumentos sagrados e cantos harmónicos con Francisco Lumbreras incluido no prezo global do retiro.
Tamén hai a opción de asistir só ao concerto previa reserva, prezo: 12€. Estas plazas son moi limitadas, por razóns obvias de espazo.

- Ofreceránse, para quen o desexe, terapias individuais (Reiki, Shiatsu, Ra-sheeba, Medicina da alma, Flores de Bach, etc.) previa reserva, ao precio especial de 15€.

- Facilitadores: Yolanda Pérez, Javier Diéguez, María Fernández e eu mesma, Yolanda Rodríguez

Información  e reservas :
Yolanda Pérez 679 144 037
Yolanda Rodríguez 671 774 161
Pablo Cachafeiro 698 133 319
 
Que o eterno sol te ilumine
o Amor te rodee
E a pura luz interior guíe o teu camiño
Sat Nam

No hay comentarios:

Publicar un comentario